sábado, 25 de junio de 2011

BASTARDS ON PARADE Presentado o seu novo Disco

II-FESTIVAL DA CULTURA PROLETARIA

II-FESTA DA CULTURA PROLETARIA
Organiza:
(Na finca da Tiradoura)
25 xuño a partir das 12.h
Cangas do Morrazo
A CUT (Central Unitaria de Traballades-as) nos presentan o II- FESTIVAL DA CULTURA PROLETARIA
Este segundo festival vai ter lugar no Centro Social “A Tiradoura” no barrio de Reboredo, (Cangas do Morrazo) que conta cun recinto con capacidade para 1500 asistentes. O evento comezará a partir das 12 da mañá, coa actuación do grupo de música tradicional Chacarrandaina. A presentación e conducción do programa da xornada estará a cargo de Luís “O Caruncho”, sendo a entrada donativo de 3 €.

Haberá servizo de bar desde a hora de comezo ata o remate ...do festival, xa de madrugada. Haberá servizo de xantar con comida mariñeira a prezos populares, recital de poesía e xogos para nenos e adultos.

No apartado poético estarán: Méndez Ferrín, Xabier Cordal, Chus Pato e Xiana Arias.No eido musical completarán o cartel do II Festival, o grupo de jazz Balea´s Blues Quintet, que serán os primeiros en subir ó escenario, seguiranlle o grupo Das Kapital que actuarán sobre as 20 horas, que lle darán paso á banda Coruñesa Skarallaos, e pechara o festival a banda galega de Skarnio, que reaparece nos escenarios despois de dous anos inactivos.


O cartel fai presaxiar o cheo na Tiradoura, que viría a cumprir o obxectivo fixado pola organización de superar o éxito acadado na edición anterior.

Para calquera información complementaria podedes chamar o teléfono da CUT do Morrazo,
TLF: 986 392003.