jueves, 27 de septiembre de 2012


The Skarnivals – Torsión Mundial

The Skarnivals é unha banda ska / punk / folk galega nada en 2009 baixo o nome de Skakeo.

Un potente e eléctrico directo xunto cun estilo persoal e reivindicativo deron forma a esta nova banda e outorgáronlle o impulso necesario nos últimos anos para abrirse un pequeno camiño no gran océano musical.
-
Editando en 2010 o seu primeiro traballo Skakeo, xa conseguiron calar entre a xente e formar parte, entre outras cousas, dun recompilatorio internacional editado en Alemaña entre máis de 40 bandas do panorama ska, punk, reggae e cumbia do momento.

Este verán estiveron gravando o seu novo traballo Torsión Mundial, e o próximo 6 de Outubro ás 22h presentarán o disco na Sala Aturuxo de Bueu xunto cos castellanosDiablo Cojuelo. Billete 7€ + disco

No hay comentarios:

Publicar un comentario