domingo, 18 de septiembre de 2011

SKARALLOS NO REPERCUSION

REPERCUSION 2011
Antes de comezar o outono aínda haberá oportunidade de acudir a unha das últimas citas do verán, o festival de Allariz, Reperkusión 2011, que se celebra entre o 16 e o 18 de setembro. O cartel desta nova edición inclúe a grupos como Telephunken, Festicultores ou Los Guacamola. Ademais da música, o festival aposta polo circo e o malabar.
Este festival é unha das últimas paradas musicais do verán, cita ineludible na que familias, nenos, novos e tamén maiores poderán gozar dunha variada programación que inclúe concertos, pasacalles, exposicións, circo, talleres, gastronomía, audiovisuais, novas tecnoloxías, artesanía ou artes plásticas. Todo isto ése o que se van encontrar aqueles que se acheguen ata a localidade ourensana de Allariz o terceiro fin de semana de setembro.
Allariz xa ten preparada a novena edición deste festival singular cuxo obxectivo é cumprir unha función socializadora. O Festival Reperkusión caracterízase por restar énfase ás razas e os lugares para poñelo nas relacións interpersoais. É así que o Reperkusión se converteu xa nunha cita cultural incluída dentro do calendario festivalero galego na recta final do verán.
Este ano e como vén sendo habitual nas últimas edicións, os concertos repartiranse en dous espazos; a Praia Fluvial Acearrica e o Complexo Vilanova. No escenario situado na ribeira do río Arnoia estarán presentes Skarallaos, Modulok Trio, Walkman + Twikiman, Los Guacamola,Duploson e Chotokoeu, todos eles grupos con denominación de orixe galega, mentres que no campo de Vilanova o farán Telephunken, Mamba Beat, Circo Abusivo, L’Acustika Asesina, La Fanfare en Petard, Festicultores Troupe, Russkaja, Nonlinear, Rumbeats e Hadri Slkta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario